DESCONTOS ATA O 50% + ENVÍOS A 2,5€

Queres ser embaixador/a?

Recibe produtos gratis, participa en sorteos exclusivos…

We are the northwest

We are Wilderway, a marca galega de roupa que aposta polo Norte, a natureza e a boa vibra.

O noso produto é ecolóxico. Elaboramos as prendas con fibras orgánicas e utilizamos packaging compostable, fabricado con materiais biodegradables.

Somos xente aventureira e sociable. Somos de plans improvisados, de roteiros polo monte, de longos paseos, de escapadas.

Somos praia, río e montaña. Somos de solpores, de amigos, de familia. Somos amantes dos animais, responsables co medio ambiente e mooooi riquiños.

Somos do Noroeste, somos Galicia, somos Wilderway!

XA É HORA DE

que te unas á aventura

1

Contactamos contigo a través de Instagram?

Se a resposta é SI… Parabéns! Es un dos perfís seleccionados para formar parte da aventura Wilderway.

O camiño máis salvaxe comena aquí e agora!

Tes a oportunidade de ser membro dunha comunidade incrible: amantes da natureza, aventureiros, sociables e moi riquiños.

2

Xa estás decididx a ser parte de Wilderway. Estupendo!

Enviarémosche un contrato para formalizar a colaboración e enviarche as pezas.

Sí! Confesamos que nos encanta o teu perfil e que transmites súper ben os nosos valores. Por iso, alégranos que sexas imaxe de Wilderway.

Somos fans de cada unha das túas fotos e da mensaxe que compartes coa túa comunidade.

3

Chegou o momento de unirte á aventura!

Sente Wilderway moi preto.

Recibirás algunhas das nosas pezas, seleccionadas polo equipo especialmente para ti, para que che acompañen en todos os teus plans.

Queremos empezar un camiño contigo e gozar da nosa contorna xuntos.

Encantaranos ser parte das túas aventuras máis salvaxes 😉

ORIXE

Wilderway nace dun equipo novo que amamos a nosa contorna e queremos dalo a coñecer ao resto do mundo co maior respecto posible. Somos moi do Noroeste, somos Galicia! Encántanos a natureza e descubrir cada lugar que nos rodea, por eso estamos desexando mostrarvos todo o que temos. En definitiva, somos a marca galega de roupa que aposta pola súa contorna, a sustentabilidade e a boa vibra.

VALORES

Somos da Terriña. Somos galegxs que amamos o noso: os nosos montes, as nosas praias, os nosos ríos…

Somos eco-friendly. Amamos a nosa contorna, por iso traballamos con produtos e packaging ecolóxicos.

Somos aventureirxs. Somos fans dos roteiros inesperados. Amamos a liberdade e explorar cada recuncho que nos rodea.

PRODUTO

Non podía ser doutro xeito! As nosas pezas son orgánicas. Elaboramos un produto sostible que inspira natureza, mar, montaña, sol, praia, liberdade, aventura e moito rollo. Un produto deseñado con ilusión e en sintonía coa nosa filosofía de vida. O noso packaging tampouco podía ser menos. As nosas bolsas están elaboradas con material biodegradable que inclúen a certificación OK Compost.

ESTES SON ALGÚNS

Embaixadorxs wilderway

Camiseta We are the northwest Basic
Embajador-wilderway
Embajador-wilderway-sudadera-beige-
Sudadera sin capucha - Basics

SÚMATE Á AVENTURA